'Qué te cuentas?' Galicia

@depo_es iluminará de cor violeta o Pazo Provincial polo #25N

A Deputación de Pontevedra iluminará de cor violeta o Pazo Provincial desde a noite deste xoves ata o luns 2 de decembro, ao fío dos actos organizados polo goberno provincial cara ao Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora o vindeiro luns 25 de novembro.

Sementando para a igualdde

O actos centrais de “Sementando para a igualdade”, a campaña que o goberno de Carmela Silva prolongará durante os próximos meses, terán lugar en Pontevedra e Vigo os días 25 e 26, coa posta en escena de dúas performances realizadas por catro das mulleres artistas, Ana Gesto, María Marticorena, Ana Matey e Isabel León, que formarán parte este ano da quinta edición do programa “Mulleres en acción. Violencia Zero”. O próximo luns, ás 12.00 horas na Peregrina, e o martes ás 19.00 no Museo MARCO en Vigo, as catro creadoras protagonizarán “Pan duro I e II”.

O programa “Mulleres en acción. Violencia Zero” tamén contará con espazo no seo de Culturgal. A artista Uxía Morán realizará a súa performance “A última cea” o venres, 29 de novembro durante o acto inaugural da feira, e ao día seguinte a presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentará o contido da quinta edición do programa acompañada das deputadas de Igualdade e Cultura, amais da comisaria do proxecto, Paula Cabaleiro. Ademais, o sábado 30 de novembro Culturgal acollerá a presentación do libro “María Vinyals, a muller do porvir”, do autor Diego Piay

You may also like