A presidenta da Deputación de Pontevedra xunto ao presidente da Deputación Segovia representou aos entes provinciais de todo o estado na homenaxe realizada no Senado ás deputación dentro da celebración dos 40 anos de democracia no eido local.
“Sentímolo como un recoñecemento ao traballo que permite que os concellos máis pequenos poidan ter garantidos dereitos e servizos”, indicou Carmela Silva quen engadiu que “hai 41 deputacións en España e soamente seis mulleres presidentas o que significa que nos organismos intermedios aínda queda un longo camiño que percorrer para acadar a paridade”.
https://twitter.com/depo_es/status/1197552752810811399
.