A federación de Industria da CIG de Vigo continuou este martes co seu calendario de mobilizacións, cunha concentración diante da porta do asteleiro, para reclamar unha solución á crise de Barreras que permita o mantemento da actividade industrial e de todos os postos de traballo.
A protesta coincidiu co anuncio feito pola dirección da empresa de construción naval de que solicitará a disolución da compañía no Xulgado, decisión acordada polo consello de administración “teoricamente para protexer o futuro do estaleiro mentres segue a negociar unha posíbel saída á súa grave crise”.
Dende a CIG continúan a demandar que o Goberno de Galicia “tome o control público de Barreras unha vez fracasada a xestión privada”.