Galicia

@Xunta convoca este luns catro procesos selectivos para cubrir 263 prazas de emprego público

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns catro convocatorias de procesos selectivos para cubrir 263 prazas de emprego público. Trátase de prazas de persoal funcionario e persoal laboral fixo dos niveis máis altos da Administración galega. Todas son de libre acceso e forman parte das 1.161 prazas anunciadas en outubro.

En concreto, convócanse 133 prazas no corpo superior (A1) –máis do triplo que na convocatoria de 2018- e 65 prazas no corpo de xestión (A2), o que supón un incremento de máis do dobre con respecto ás convocadas o ano pasado. Inclúense tamén 43 prazas para persoal laboral fixo do grupo I e 22 para o grupo II.

20 días hábiles
O prazo de inscrición abre este mércores, día 27 de novembro, e remata o vindeiro 27 de decembro co que as persoas
interesadas en participar terán 20 días hábiles para facelo constar no modelo de solicitude que se facilita gratuitamente na Internet, e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala.

You may also like