'Qué te cuentas?' Cultura

A oposición do Porriño alerta de que hai 100.000€ de gastos en prantas de Nadal sen fiscalizar e pendentes de pago

O Partido Popular do Porriño vén de criticar a «falta de planificación orzamentaria da coalición PSOE-BNG» no tocante á programación dos festexos de Nadal. O «dispendio que encadea o Concello do Porriño cada ano nestas datas» acumula gasto pendente de pago pola «falta de dilixencia e planificación do executivo que preside Eva García de la Torre, máis pendente do seu lucimento persoal que de facer unha boa xestión dos fondos públicos e unha programación que satisfaga á veciñanza».

Segundo o principal partido da oposición no Concello do Porriño, ata o momento o gasto destinado ao Nadal, elementos ornamentais, carpa, animación etc… supera os 111.253€, á falta de engadir o correspondente á Cabalgata de Reis, iluminación e outros eventos incluídos na programación que incrementarán notablemente o gasto.

«O avance de gastos destinados a festexos no presente ano -con data 30/9/2019- supera xa os 370.371€, salientando o feito de que a practica totalidade dos gastos das Festas do Cristo 2019 están ainda sen contabilizar e as cifras ascenderán considerablemente, chegando a duplicarse».

48.366,12€ en montaxe e fabricación de elementos de Nadal, 17.889,85€ en estructuras de madeira para o Nadal, 18.143,95 euros en estructuras metálicas, 12.045€ en uvas, cestas de Nadal etc… «son algúns dos gastos que se están aprobando este ano mentres os provedores seguen sen cobrar polos servicios prestados anos anteriores e o municipio se atopa totalmente abandonado».

Para o voceiro popular, «o Goberno local carece de planificación algunha e, como está a facer noutras áreas, actúa por inercia e irresponsabilidade». Alejendro Lorenzo subliña que «estase a acumular gasto cando ainda está sen pagar gran parte do Nadal de anos anteriores».

«O derroche de máis de 1 millón de euros en festexos no ano 2017, e de outro millón en 2018, ainda se está pagando». Son moitas as empresas que están a reclamar a súa facturación, entre elas as «contratadas para o subministro de plantas para ornamentación, montaxe  e figuras de Nadal, que superaban os 100.000€ anuais.  Toda esta facturación sigue agochada no caixón».

Lorenzo advirte de que «devólvense as facturas de anos anteriores, retíranse da contabilidade pero o gasto está ahí. Nada cambiou na forma de xestionar e serán os provedores, empresas e autónomos, quenes paguen as consecuencias».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.