Preto dun milleiro de persoas esixiron este martes, diante do Parlamento de Galicia, a reapertura do paritorio de Verín e das urxencias de Pediatría do hospital comarcal, pechadas dende hai días a causa, segundo o Goberno de Galicia, o seu presidente e o conselleiro de Sanidade, da falla de pediatras.
Con berros de ‘¡Feijóo escoita Verín está en loita!’, ‘Conselleiro dimisión” ou ‘Manos arriba esto é un atraco’, os concentrados cortaron a rúa do Hórreo-visiados en todo momento pola Policía- e denunciaron os recortes na sanidade pública, o desmantelamento do hospital e o abandono da comarca, ante o cal seguirán coas mobilizacións, se non hai unha solución, durante as datas de Nadal.
🚨 📢 As manifestantes avanzan e ocupan a estrada fronte o Parlamento galego entre un amplo dispositivo da Policía Nacional
✊ Esixen a recuperación do paritorio de Verínhttps://t.co/fwgYIkY3xu
🔴 #nósDirecto [📹] Sígueo en directo: pic.twitter.com/mnm0240eJi
— Nós Televisión (@NosTelevision) December 17, 2019
Hai que lembrar que os traballadores do hospital seguen pechados reclamando que se abra o paritorio e as urxencias e xa adiantaron que non deixarán o peche se non hai unha solución que pasa, advirten, pola reapertura inmediata destes servizos.