A primeira delas permitirá recuperar un dos edificios de maior envergadura dos situados na que no seu día foi a arteria principal do primixenio Vigo. Actualmente só mantén en pé a fachada de pedra, unha das máis destacadas da zona baixa do barrio histórico. O Plan Especial de Protección e Reforma Integral (PEPRI) do Casco Vello outórgalle un alto valor urbanístico.
En canto a Elduayen 39, é o segundo solar adquirido nesta rúa polo Consorcio tras a compra no 2018 do número 31. Dada a sua situación nunha das principais vías de conexión da cidade conta tamén cun alto valor urbanístico.
Pola súa banda, Ferrería 16 dispón dun importante volume construído debido a diferente cota entre a fachada e parte traseira cara a Elduayen. Así, conta cunha planta baixa, tres superiores, un ático e tres sotos, se vén se encontra en moi mal estado de conservación.
Por último, Corina Porro puxo en valor o traballo desenvolvido estes últimos anos polo Consorcio do Casco Vello co fin de revitalizar e recuperar gran parte deste importante ámbito urbano, ao tempo que sinalou que co fin de que poidan seguir con este traballo e executar máis actuacións de rehabilitación na zona, a Xunta de Galicia “duplicará” en 2020 a súa achega económica a esta entidade.