Segundo o Índice de Excelencia Hospitalaria (IEH 2019) difundido polo Instituto de Gobernanza e Economía Aplicada, e baseado nas opinións de profesionais da saúde, o Hospital Universitario de A Coruña e o Hospital Clínico Universitario de Santiago son os dous mellores centros de Galicia.
O Hospital Universitario de A Coruña segue no primeiro lugar por terceiro ano consecutivo, dacordo co estudo elabrorado en base a entrevistas realizadas a preto de 2.000 profesionais galegos que sinalaron ao Hospital Quirón Salud, tamén de A Coruña no terceiro lugar, posto que ata o ano pasado ocupaba o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), que baixa á cuarta posición.