Ciencia y Tecnología Comarcas

@depo_es adxudica o proxecto ‘Labora 2020’, que facilitará a empregabilidade de máis de 300 persoas

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar  a adxudicación, mediante procedemento aberto, do contrato para a prestación do servizo de formación, no marco de proxecto “Labora 2020”, que comprende o desenvolvemento de 21 accións formativas en 9 concellos da provincia, con 6 itinerarios diferentes. En total, a institución provincial destina 751.937,41€.

En concreto, o itinerario “Actividades auxiliares e de almacén”, en Barro foi adxudicado á autoescuela Cies, en Cambados a Campus CIP, e no Porriño a Pixfor; no que respecta a “Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais”, terá lugar en Vigo a cargo de G12 Grupo Empresarial de Servizos; “Dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil”, en Pontevedra foi adxudicado a Magnafor Qualitas, e en Vigo a G12 Grupo Empresarial de Servizos (este itinerario conta con dúas edicións en cada concello); “Socorrismo en instalacións acuáticas”, tamén será en Vigo a cargo de G12 Grupo Empresarial de Servizos; o itinerario “Operacións básicas de restaurante bar”, que terá lugar en Cambados, Soutomaior e en Vigo con dúas edicións, foi adxudicado a Grupo Avantfor; no que respecta a “Competencias clave para a obtención do nivel 2 (galego, lingua e matemáticas), en Cangas adxudicouse a Pixfor, en Lalín a Fesan Fundación de Estudo e Análise, en Vilagarcía a Kaeme Consultoría e Prevención, en Porriño a Norformación, en Pontevedra tamén a Norformación, e en Vigo a G12 Grupo Empresarial de Servizos (estes dous últimos concellos contan con dúas edicións).

Todos os itinerarios que conducen á obtención de certificados de profesionalidade contemplan, tamén, a realización de prácticas profesionais non laborais. As accións formativas, terán un mínimo de 10 participantes e un máximo de 15, o que supón que ao redor de 315 persoas se poderán beneficiar de “Labora 2020”.

O proxecto, que ten un orzamento total de case 5 millóns de euros e conta cunha financiación do Fondo Social Europeo 2014-2020 de preto de 4 millóns, ten por obxectivo mellorar a formación,  e a empregabilidade na provincia. Así, “Labora 2020” está dirixido a persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego e que pertenzan a colectivos vulnerables (persoas desempregadas de longa duración, mozas e mozos menores de 30 anos, persoas maiores de 55 anos, persoas con diversidade funcional, inmigrantes, e minorías étnicas e comunidades marxinadas).

You may also like