Galicia Vigo al minuto

Xa somos menos de 2,7 millóns de galegos

Segundo os datos provisionais  de poboación, difundidos este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), a 1 de xuño de 2019, Galicia contaba con 2.698.764 habitantes, 1.677 persoas menos que ao inicio dese mesmo ano.

Isto supón, primeiro que é o peor dato de poboación en 17 anos-dende 2002- e, segundo, que estamos por baixo dos 2,7 millóns de habitantes, un feito que é aínda máis preocupante considerando que o saldo vexetativo é o peor en tres décadas con 8.426 mortes máis que nacementos.

Os datos serían aínda peores se non aumentase o número de persoas estranxeiras que viñeron a vivir a Galicia: 2.026 nos primeiros seis meses do ano pasado: de continuar nesta progresión, noutros dez anos a poboación galega baixará en 200.000 persoas máis, ata os 2,4 millóns.

You may also like