O BNG de Vigo vén de propoñer que o Concello poña en marcha un Servizo Municipal de Apoio á Crianza coa finalidade de ofrecer “un maior apoio aos diferentes modelos de familia no que ten a ver coa crianza e coidado dos fillos e fillas”,
O concelleiro do Bloque, Xabier P. Igrexas sinalou que este servizo ofrecería “asesoramento integral e gratuíto”, sobre cuestións como a lactancia, o porteo, o desenvolvemento psicosocial, alimentación e saúde infantís ou pedagoxía para a crianza.
Dende o BNG sinálase que agora estas atencións “están a ser ofrecidas por pequenas asociacións, con escasos medios e desde o voluntariado” e é preciso un apoio por parte de todas as administracións, “a principiar polo Concello”.