Galicia Vigo al minuto

Vigo escenario dos Premios da Cultura Galega que renden homenaxe á ‘Movida Viguesa’

A Xunta escolleu Vigo como escenario da gala de entrega dos Premios da Cultura Galega, que o próximo martes, día 14 de xaneiro, renderá homenaxe ao fenómeno da ‘Movida viguesa’ como “elemento clave na identidade cultural da cidade e de toda Galicia”, coincidindo co 40 aniversario do inicio deste movemento.

Os galardóns constitúen o maior recoñecemento outorgado en Galicia neste eido e buscan poñer en valor o esforzo e o
talento creativo da nosa Comunidade.

A gala, que se celebrará no teatro Afundación de Vigo, contará con actuacións que conectarán a escena contemporánea galega cos grandes referentes culturais de comezos dos anos 80. Así pois, actuarán artistas como as Tanxugueiras, a Escola de Danza Media Punta de Vigo ou Presumido, que será o encargado das transicións da gala. Ademais, terá lugar unha performance poética por parte do grupo Rompente a cargo de Antón Reixa, Manolo Romón e coa música de Julián Hernández, tres figuras sinaladas do panorama cultural vigués.

En paralelo, a artista baionesa Lula Goce elaborará un mural de gran formato con referencias á cidade de Vigo que formará parte da escenografía do acto e que, con posterioridade, será instalado nun espazo da cidade. Actualmente, Goce é unha artista de arte urbano con sona internacional que nos últimos tempos realizou murais a gran escala en
Nova York, Azerbaixán, Virginia ou Hannover.

También te puede interesar