O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reunirse co Comité de empresa de Barreras para trasladar aos integramtes do mesmo a vontade do Bloque de contribuír na solución á crise do astaleiro e, sobre todo, a que “a nosa industria, especialmente a industria naval, poda ver garantida a continuidade da actividade e, principalmente, os postos de traballo”.
No recente acordo de investidura, o BNG incorporou medidas en relación co reforzo da capacidade produtiva da construción naval, tanto na ría de Ferrol como na ría de Vigo, co compromiso explícito do goberno para que houbese unha intervención pública para dar garantías de estabilidade e continuidade da actividade.
“O BNG seguirá contribuíndo para que isto siga, confírmannos que o Ministerio de Industria está traballando nisto, mais o Bloque Nacionalista Galego tamén vai seguir atento e vai seguir traballando para que se poida verificar que o estaleiro de Barreras saía da crise“ afirmaba Néstor Rego na rolda de prensa.
Xunta
Pola súa banda, o portavoz municipal do BNG na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, volveu reclamar á Xunta de Galicia que “exerza as súas competencias e deixe de ser un convidado de pedra” na crise que afronta o estaleiro. Nese sentido, subliñou que o executivo galego ten un “papel chave” para garantir a continuidade a medio e longo prazo unha vez se supere o preconcurso de acredores e se reinicien os traballos nas gradas de Barreras.