Comarcas

@AsNevesConcello remata as obras do Mirador de San Nomedio

O alcalde de As Nevs, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, acompañou este domingo pasado á directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, nunha visita ao miradoiro de San Nomedio, logo das melloras realizadas no mesmo grazas a unha achega de preto de 30.000€ por parte da Consellería de Cultura e Turismo do Goberno de Galicia.

Rodríguez Méndez subliñou que o miradoiro «ten unhas vistas únicas da comarca do Condado» e constitúe un lugar inmellorábel, tanto para quen queren gozar da natureza coma para os amantes da astronomía, «pola súa situación coma pola escasa contaminación lumínica», o que permite unha observación clara do firmamento.

Xeodestino Condado-Paradanta

O Xeodestino Condado Paradanta, dependente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta, está a potenciar o proxecto dunha rede de miradoiros nos concellos que forman parte do mesmo e contempla un miradoiro de iguais características en cada vila da comarca.

694 metros de altitude

O miradoiro de San Nomedio atópase a 694 metros de altitude nun monte de grande pendente, pertencente aos montes de A Paradanta, aberto a impresionantes vistas sobre o val do Termes e do Xuliana, ademais do Miño, xa máis lonxe, abranguendo, xunto a parte de As Neves, o norte de Portugal.

No mesmo, como puido ver a directora de Turismo da Xunta, rematouse unha construción en ‘forma de tubo’ que serve de guía para mirar ao leste, cara ao nacemento do sol-o amencer- e ao oeste-o solpor-ofrecendo  unha vista panorámica de boa parte de As Neves. Ademais, tamén está acabado o ‘observatorio nocturno’, que conta cunha serie de pezas en forma de circunferencia que serven para sentarse e observar o ceo e as estrelas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.