O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana pasada a 53 persoas debido a 46 accidentes de tráfico ocorridos nas
estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 31 de xaneiro, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 2 de febreiro.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 59 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 58. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en tres accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 46 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres ocasións
En 43 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 9 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no lugar do sinistro.