Galicia

Publicado no DOG o aumento do 2% nos soldos dos funcionarios da Xunta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este marteshoras despois do anuncio do adelanto electoral– a orde pola que se actualizan con efectos do 1 de xaneiro de 2020 a contía das retribucións do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2020, coa que se aplicará na vindeira nómina a suba retributiva xeral do 2% a todos os empregados públicos.

O incremento salarial xeral do 2% terá efectos desde o 1 de xaneiro de 2020, supón un aumento medio duns 725€ por traballador e aplicarase aos máis de 87.000 empregados públicos da Administración autonómica, e tamén o persoal das tres universidades públicas e do ensino concertado.

Este incremento xeral do 2% é adicional aos incrementos salariais de ámbito sectorial que son froito da negociación colectiva e que proceden de distintos acordos asinados coas organizacións sindicais durante os anos anteriores.

También te puede interesar