Este venres, 14 de Febreiro, Día dos Namorados, ás 20:00 h. ‘VigoHistorico’ organiza, no Paseo de Alfonso, “Namórate do Casco Vello sen Feridas” que ten como obxectivo que a cidadanía viguesa coñeza e se “namore” do seu patrimonio e da súa historia.
O evento contará cosas das actuacións de Alana, Ultraviole(n)tas, Caro Lemos e Moon Cresta, presentados por Jeromita Medel. Ademáis, haberá unha charla explicativa para que “as persoas asistentes valoren todos os elementos patrimoniais que o túnel pon en risco”.