Galicia

Aberto o prazo para solicitar o ‘Bono Alugueiro’ da Xunta

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda informou este martes de que a Xunta vén de convocar no Diario Oficial de Galicia a liña de axudas ao Bono de alugueiro social, unha subvención que se pode solicitar ata finais de ano.

Ángeles Vázquez recordou esta mañá esta convocatoria durante a entrega dunha vivenda de promoción pública a unha familia do concello de Foz, que perdeu a súa residencia nun incendio, a finais de ano.

Ante esta situación, a Xunta trasladou aos afectados as posibilidades para facilitarlles un novo fogar: acceder a unha vivenda de promoción pública (opción aceptada) ou solicitar unha axuda dentro do programa Bono de Alugueiro Social,
que consiste nunha axuda mensual destinada ao pago do alugueiro por importe de 225, 200 ou 175€, contía que varía en función de se a vivenda se sitúa nunha das sete grandes cidades galegas, nunha vila ou nun concellos de tipo rural.

O importe mensual da axuda equivale, en todo caso, ao 50%do prezo máximo que poderá ter a vivenda alugada. Asemade, ademais da axuda mensual do Bono de Alugueiro Social, os beneficiarios tamén teñen dereito a unha achega única inicial de 600€, destinada a pagar os gastos de constitución do contrato de alugueiro ou dos contratos de subministros básicos para a vivenda (luz, auga, etc).

También te puede interesar