Destacados Vigo al minuto

@MareaVigo sinala que Vitrasa é a gran beneficiada pola disputa da PassVigo

Marea de Vigo subliña que o proceso de substitución da antiga ‘tarxeta verde’ do bus pola PassVigo serviu para poñer luz sobre unha realidade que vive o transporte público urbano na nosa cidade “a evidente capacidade que ten a actual concesionaria Vitrasa e seu o grupo matriz, Avanza, de condicionar calquera cambio nas políticas de transporte, así como a súa particular necesidade de seguir contando cun marco tan vantaxoso como é o actual prego concesional de 25 anos que rematou o pasado ano”.

O convenio de 2016 xa permite descontos ao non empadroados

Para o voceiro de Marea de Vigo, “agora, tras o vergoñento espectáculo dado hai xa tres anos co ‘nacemento e morte” da Área Metropolitana’, e as pugnas xudiciais polo uso da Pass Vigo por persoas que non están censadas en Vigo, Abel Caballero sácase da “chistera” un novo convenio que permitiría acceder ás non empadroadas aos beneficios da tarxeta viguesa, cando, recuperando o convenio do Transporte Metropolitano asinado entre Concello de Vigo e Xunta no 2016, onde unha parte é abonada polo Concello e outra parte pola Xunta de Galicia, evitaríase un novo esperpento e un aproveitamento oportunista de partidos políticos e alcaldes dunha situación que soamente beneficia a unha concesionaria privada,Vitrasa, e prexudica a miles de cidadáns”.

Non é necesaria unha Lei da Área Metropolitana

Pérez indica que para ter transporte metropolitano non é necesario ter unha Lei de Área Metropolitana, polo tanto, se non se poñen de acordo as administracións para facer unha Lei, “pódese desenvolver o transporte sen problema”, tal e como fai Santiago ou a Coruña, “e xa, cando sexa o momento, se desenvolverá a devandita lei”.

O alcalde votou en contra dun novo convenio

Marea de Vigo tamén quere lembrarlle ao alcalde que, cando o Grupo municipal da Marea de Vigo levou ao pleno no ano 2018 unha moción para esixirlle á Xunta a presentar de xeito inmediato un novo borrador dun convenio de transporte metropolitano para os concellos relacionados na lei de área metropolitana de Vigo; o seu grupo, o PSOE, votou en contra.

You may also like