Cultura

@depo_es aproba unha nova liña do Plan Concellos que permitirá contratar a 116 persoas

O Goberno da Deputación vén de aprobar a primeira relación da Liña 2 e a sexta concesión de subvencións da Liña 3 do Plan Concellos. Así o anunciou Carmela Silva, explicando que o investimento total destes dous paquetes de accións de cooperación ascende a case 2 millóns de euros.

Desta cantidade, 722.675,61€ corresponden á Liña 2 de amortización, pagamento de débedas, gastos correntes e actividades; mentres que outros 1.248.031,89€ derivan das achegas da Liña 3 de Emprego.

Un total de 18 concellos serán beneficiarios da Liña 2 (Agolada, Baiona, Barro, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, A Lama, Moaña, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Portas, Silleda e Vilagarcía de Arousa).

Sobre a finalidade destes investimentos, Carmela Silva explicou que a maioría de peticións dos 18 concellos que entran nesta nova xeira van estar dedicadas a actividades sociais.  Deste xeito, Barro solicita 30.000€ para a Festa do Viño, Cerdedo-Cotobade 23.000 para a Festa do Petote, a Transgalaica, os Campamentos e o Entroido e Baiona 52.000 para a Festa da Arribada e Sons do Casco, entre outras. A presidenta concluíu, á vista da relación, que o apoio da Administración provincial permite aos concellos celebrar «as súas grandes actividades culturais, sen ter que contar con tódolos recursos que poñemos á súa disposición dende outras áreas».

Por outra banda, a sexta concesión de subvencións correspondente á Liña 3 de emprego achegará investimentos a 7 concellos da provincia: Barro, Catoira, Gondomar, Lalín, Mondariz, Poio, Sanxenxo. «Estes concellos van contratar 116 traballadoras e traballadores municipais, entre os que se atopan operarios de parques e xardíns, administrativos, técnicos ou técnicas de turismo, animadores ou animadoras socioculturais. Trátase, por tanto, de empregos que permiten atender a cidadanía en todos os eidos dos servizos dos concellos», comentou a presidenta da Deputación sobre os perfís solicitados.

Así, a selección deste persoal faise, entre persoas desempregadas, a través do Servizo Público de Emprego e os contratos estenderanse ata o 31 de decembro deste ano 2020.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.