Vigo al minuto

#8M empezan os actos programados polo Consello da Muller de Vigo

A Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizan na cidade no mes de marzo, numerosas e variadas actividades e actos con motivo do Día Internacional das Mulleres: proxección de filmes, recital aberto de poesía de xénero con Iolanda Zúñiga, entrega do VIII premio de Igualdade Ernestina Otero a María
Xosé Porteiro, visita guiada á Ruta en feminino “Sons de Mulleres” a cargo de María Casar, actuación musical do grupo “DE VACAS”, contacontos de igualdade a cargo de Ana Carreira, Pleno específico do Consello Municipal da Muller, etc.

Os actos que se desenvolverán na semana do 2 ao 8 de marzo son:

 3 de marzo, martes 20:00h. no MARCO: proxección de curtas. Filmes: “Consello Municipal da Muller: 25 anos facendo camiño”, de  Xisela Franco e “As mulleres salvaxes”, de Eire García Cid. Presenta: Uxía Blanco Iglesias, concelleira de Igualdade e Presidenta do Consello Municipal da Muller, interveñen: Purificación Bernárdez, Secretaría da Muller de CCOO, Vicepresidenta do Consello Municipal da Muller;  Rosa Chantada, Secretaría da Muller da CIG, integrante do Consello Municipal da Muller.  Ao remate das proxeccións haberá un coloquio coas directoras dos filmes e o público asistente.

4 de marzo, mércores (19:00h. Casa Galega da Cultura. Praza da Princesa) : Recital aberto de poesía de xénero. Acto
conducido por Iolanda Zúñiga. “Desexamos que esta actividade sexa un acto coral polo que nos gustaría que te sumaras coa achega dun poema da túa escolla sobre a temática de “muller”, “Igualdade”, que compartirías con todas as persoas alí presentes”, sinalan dende o Consello Municipal da Muller.

6 de marzo, venres,  Pleno específico do Consello Municipal da Muller ás 10:00h. no Salón de Plenos do Concello. Entrada aberta ao público a través da Policía Local previa identificación.

8 de marzo, domingo, 18:00h.: Manifestación polo Día Internacional das Mulleres organizada por Galegas 8M, dende o cruce de Vía Norte.

También te puede interesar