Galicia

Sanidade aproba a “compra por emerxencia” de material hospitalario e contrata a 60 profesionais para afrontar os posibeis casos de coronavirus

O Goberno galego aprobará o xoves, día 5, a “compra por emerxencia” de equipamento para adiantarse á chegada dos primeiros casos de coronavirus a Galicia -hai que lembrar que Galicia é unha das únicas tres comunidades onde non hai ningún caso positivo da enfermidade ata hoxe-, á que se destinará unha partida de 1,7 millóns de euros.

O conselleiro de Sanidade adiantou este domingo esta decisión, logo da reunión do Consello Interterritorial sobre a enfermidade, e sinalou que o material, consistente en respiradores ou aparatos de raios para Emerxencias, irá aos hospitais das cidades e aos comarcais.

Ata hoxe o Servizo Galego de Saúde creou un equipo de expertos integrado por especialistas en Urxencias, Unidades de Coidados Intensivos (UCI), infectoloxía, microbioloxía, enfermería, preventistas e en atención primaria, ademais de reforzar o persoal do 061 e o dos servizos de microbioloxía, medicina preventiva e de toma de mostras nas casas.

Ademáis, este luns, o xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández Campa, informou da contratación de 60 profesionais para o servizo, en especial para a atención de consultas telefónicas, para recoller mostras en vivendas y especialistas en microbioloxía para o análise das mesmas.

También te puede interesar