Galicia Sucesos

Agreden ao voceiro do BNG no Concello de Caldas

O voceiro do BNG no Concello de Caldas, Manuel Fariña, foi trasladado este xoves ao hospital  logo de ser agredido por un empresario ao que denunciara publicamente por unha serie de verquidos ilegais nun monte da vila.

Segundo os primeiros datos, o agresor acompañara ao concelleiro ao lugar dos verquidos logo de afirmar que xa  estaban resoltos e cando comprobaron que non era así empezou unha discusión que rematou na agresión-cos puños– ao representante do Bloque, que sufriu danos nun nocello e nas costas.

 

 

También te puede interesar