É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer más@AsNevesConcello segue coa repobación dos seus montes e plantará 1.800 árbores máis
O sábado 14 de marzo, impulsado por ONE OAK, o Concello de As Neves, a Comunidade de Montes de Santa Olaia e Voluntariado As Neves, está programada a plantación de 1.800 árbores autóctonas, entre elas 1.000 castiñeiros, na Parroquia de Batalláns.
Esta actividade, que empezará ás 09:30h. está aberta a cantas persoas queiran sumarse a ela que poden anotarse á mesma entrando neste enlace de Internet –https://forms.gle/JccLFM4dPKbMa8yB9– ou poñéndose en contacto no seguinte enderezo electrónico: [email protected].
O proxecto “Renacer das Cinzas”, posto en marcha en 2018 por ONE OAK da man do Concello de As Neves, tiña coma obxectivo a plantación nos montes da vila-que foran arrasados polo lume en outono de 2017- de 10.000 árbores,freixos, castiñeiros e bidueiros, unha iniciativa que xuntou a máis de 200 voluntarios en decembro de 2018 e uns 300 en febreiro de 2019 unidos para lograr a creación de “cortalunes verdes” que protexan o patrimonio natural de As Neves no caso de posíbeis incendios.
Ao rematar o traballo, na Asociación de Veciños Coto do Castro terán esperando un churrasco, ao que quen queira pode anotarse por so 10€ ou, un menú vexetariano para aquelas persoas que o prefiran.
Logo da sobremesa e de compartir experiencias, o Concello ten programada, dentro do ciclo ‘Cine de Inverno’, a proxección do filme ‘O que arde’, dirixida por Oliver Laxe, gañadora do premio do público no Festivas de Cannes e de dous Premios Goya, á Mellor Fotografía e Mellor Actriz Revelación, para a lucense Benedicta Sánchez, será ás 20:00 h. con entrada de balde, no Auditorio Municipal.