O alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e a concelleira de Cultura, Rocío Barreiro, serán os encargados da presentación da XXIX Feira do Requeixo e do Mel, este sábado, día 7 de marzo, ás 13:00h. (hora galega), 12:00h. (hora de Portugal), na EPRAMI da vila portuguesa de Monçao -Estrada dos Arcos 4950-438 Monçao-.
A presentación incluirá a degustación de pratos doces e salgados elaborados con requeixo polos chefs Fran Soteliño e Rui Ribeiro, que serán maridados con viños de Monçao