Ciencia y Tecnología Comarcas

Nigrán contará coas dúas primeiras ‘electroliñeiras’ de carga rápida da provincia

O Concello de Nigrán ven de autorizar as obras para construír sendas electroliñeiras en Porto do Molle-ao carón do edificio tecnolóxico- e Panxón-xunto ao pavillón, en Arquitecto Palacios- o que convertirá ao municipio no primeiro de Pontevedra en dispor de dispositivos de carga rápida (50 Kw/hora) e o terceiro de Galicia (existe un punto nunha autoestrada lucense e outro nas aforas de A Coruña).

Os traballos, a cargo da empresa instaladora nigranesa Aceuve xa comezaron e estarán rematados nas vindeiras semanas, Iberdrola procederá a explotalas a continuación cun prezo de mercado en torno aos 30 céntimos kw/hora (supón unha media de 15 € por batería cargada, para o que se precisa menos de 30 minutos).

Deste xeito, segundo indican dende o Concello, “Nigrán sitúase novamente na vangarda das políticas medioambientais ao ser o municipio de Galicia con máis electroliñeiras (dispón desde 2018 dunha semi-rápida pública e gratuíta ao carón da Casa do Concello) e unha referencia en todo o país ao sumar 8 postos de carga rápida en pleno núcleo urbán”.

Esta medida súmase ao feito de que o Goberno local aprobou no 2018 unha bonificación do imposto de rodaxe nun 50% aos vehículos híbridos ou a gas (GLP) e nun 75% aos eléctricos ou híbridos enchufables, etiquetados estes últimos pola DGT como ‘0 emisións’

“Non só somos unha referencia en termos de incentivar a sostibilidade medioambiental entre a veciñanza, é que isto fará que moitos viaxeiros se despracen ex-profeso a Nigrán para cargar o seu turismo en menos de media hora”, sinala o alcalde, Juan González, quen inaugurou en outubro de 2018 a primeira electroliñeira pública de Galicia a instancias do Concello, gratuíta para empadroados (a propia flota municipal dispón dunha furgoneta 0 emisións).

También te puede interesar