Tres novas mortes, dous homes e unha muller, elevan a 12 as vítimas do coronavirus en Galicia, segundo informan as autoridades sanitarias.
Os falecidos son unha muller de 68 anos de idade e dous homes de 74 e 93 anos, todos eles ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) y con enfermidades previas.
Estas tres mortes súmanse ás catro deste venres: outros dous homes, de 70 e 79 anos, tamén hospitalizados na Coruña, unha muller de 93 anos, ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e outro home de 89 anos que estaba no Hospital de Monforte.