Galicia Vigo al minuto

O Cunqueiro preparado para máis casos de coronavirus logo de realizar preto de 1.900 probas

No marco do Plan de Continxencia que a Área Sanitaria de Vigo ten deseñado para a atención aos pacientes con patoloxía relacionada co COVID-19, a Xerencia vén de aprobar cambios no servizo de Urxencias, “un dos sometidos a un maior impacto e  presión asistencial”.

O obxecto destes cambios é  delimitar dúas áreas, unha para pacientes con sospeita de enfermidade respiratoria por COVID-19 e outra área para o resto de patoloxías urxentes.

Maior delimitación de Urxencias Pediatricas

Neste contexto, a partires deste martes, queda delimitada aínda máis a área de Urxencias pediátricas, concentrando esta atención nos espazos ocupados ata hoxe polo servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO). Así, esta mañá HADO trasladouse á Area de Docencia (planta 0),  e neses espazos liberados por este servizo habilitouse un posto de Admisión de Urxencias pediátricas – propias e independente da de adultos-; un Posto de Triaxe e unha sala de espera para nenos. A porta de acceso exterior é diferente á que víñase utilizando habitualmente para entrar nas Urxencias pediátricas.

Patoloxías non respiratorias de adultos

A zoa liberada das Urxencias pediátricas se destina á atención das patoloxías Non respiratorias de adultos, ampliando así o chamado “circuíto de limpo“. Conta cun Posto de Triaxe específico e unha Sala de espera para aqueles pacientes que achéganse a Urxencias por outros motivos diferentes aos relacionados co coronavirus.

O obxectivo destes movementos é dobre: por un lado, evitar calquera tipo de contacto entre os pacientes pediátricos e os adultos; e por outra banda, dispoñer dun espazo máis amplo para a atención das patoloxías Non respiratorias de adultos.

Tres Unidades de Hospitalización

No referido á hospitalización, neste momento hai dúas Unidades destinadas ao ingreso e  atención exclusiva dos pacientes con diagnóstico confirmado de COVID-19. Son as emprazadas na planta terceira, nas Velas C e D.

Ademais, destinouse a Vela C da segunda planta  á atención aos pacientes con sospeita  de padecer a enfermidade pero aínda non está confirmada.

Catro equipos COVID-19

No referido aos profesionais, tal e como tense informado, os pacientes están sendo atendidos polos equipos específicos constituídos a tal fin, os catro Equipos COVID:  un equipo de Urxencias, formado por un facultativo, un profesional de enfermaría e un TCAE, que se encargan de atender aos pacientes con criterio clínico e epidemiolóxico sospeitosos nos circuítos dese servizo.

O segundo Equipo é de hospitalización, liderado por un internista especializado en infecciosas ou un neumólogo, que se encargan  de realizar o ingreso destes pacientes, atendelos nos seus cuartos e facer o seu seguimento.

O Equipo de Seguimento Compartido de Atención especialidade (ESCAH),  é un equipo de Hospitalización a Domicilio. Composto por 1 facultativo e 1 enfermeira, responsabilízase do seguimento clínico dos casos positivos  en illamento domiciliario,  e de coordinar, se fose necesario, os ingresos no hospital.

En canto á realización de Test PCR,  continúan  operativos 7 equipos de extracción de mostras domiciliarias  ademais do dispositivo fixo no Hospital Meixoeiro, o COVID-Auto.  A dia de hoxe, a área de Vigo leva realizadas 1.860 destas probas diagnósticas.

You may also like