Galicia Sucesos

Apagado o lume que arrasou 24 hectáreas no concello de Vilamartín de Valdeorras

Imaxe:@BrifLaza/  A Consellería de Medio Rural deu por apagado, a primeira hora deste domingo, o lume que dende o mediodia deste sábado afectaba ao concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras e que, dacordo cos datos difundidos polo Goberno galego, arrasou 24 hectáreas.

Nos traballos para acabar co incendio estiveron 8 brigadas, 4 axentes, 4 motombombas e diferentes medios aéreos ao longo da tarde pasada.

 

También te puede interesar