Galicia Vigo al minuto

Logo de chegar a 291 os contaxios por COVID-19 nas residencias de maiores, Feijóo recoñece que seguirán aumentando

Un total de 291 persoas que residen ou presntan os seus servizos en residencias de maiores, dependentes da Xunta, están contaxiadas. Segundo os datos difundidos os datos difundidos pola Consellería de Política social, delas 211 son usuarios das mesmas e 64 empregados, un número do que xa forman parte as 8 personas que deron positivo, nas últimas 24 horas, ás probas do COVID-19.

De todas elas, preto de 100 corresponden a residencias da Área viguesa, das que Domus Vi Barreiro, Moledo e Rocío San Rosendo, están na cidade. A elas hai que engadir as de Aldán e San Pedro de Crecente e, xa ao marxe, pero con persoas contaxiadas, os Centros de Atención a Dependientes de O Meixoeiro e Chapela.

Feijóo asegura que seguirán aumentando os casos

Na rolda de prensa posterior á ‘videoconferencia’ dos presidentes autonómicos co presidente do Goberno, Alberto Núñez Feijóo-logo de pedir un calendario de chegada de material por parte do Goberno do Estado e sinalar que o Executivo central acertara ao rectificar ao declara o cese de todas as actividades non esenciais, aínda que pedindo una ‘desconexión’ específica para Galicia- neste tema que é da súa competencia directa limitouse a manifestar que “a pesar do traballo das autoridades sanitarias, non vai ser fácil nin vai diminuír o número de contaxios nas mesmas”, senón que,asegurou, “medrarán”.

You may also like