Comarcas

@AsNevesConcello mobiliza ás veciñas e veciños fronte ao COVID-19

Diante do aumento da demanda de material de protección individual e as dificultades para cubrir a necesidade que hai do mesmo, o Concello puxo en marcha unha iniciativa de colaboración veciñal para a confección de batas e mascarillas reutilizables, a partir de tecido de uso sanitario financiado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), e que aporta a coordinadora do equipo solidario de bastas e mascarillas de Ponteareas,  Maite Isla.

Para levar a cabo esta iniciativa, o Concello achega os tecidos xa cortados ás casas dos veciños e veciñas que o soliciten, que aportarán o seu gran de area coséndoos. Finalmente, será tamén o propio Concello o encargado de recoller o material rematado.

Este martes realizouse a primeira entrega de material para a confección deste material a 10 persoas da vila, nas súas casas, grazas á colaboración da taxista Nieves González.

Segue a entrega de material de protección

Continuando coa iniciativa de facer chegar ‘material de seguridade e protección’ aquelas persoas que traballan nas Neves atendendo ás veciñas e veciños, o Concello vén de entregar 20 batas de alta protección coas súas correspondentes mascarillas, 1 caixa de luvas de nitrilo e 1 pantalla, á coordinadora e algunhas auxiliares de Atendo que fan o Servizo de Axuda no Fogar.

Esta achega súmase as que se están a facer nos establecementos que seguen abertos coma supermercados, farmacias, tendas, quiosco ou a gasolineira e xa se comunicou a todos os establecementos da vila que soliciten as batas, mascarillas e pantalals que precisen.

Mampara no Centro de Saúde

Ao mesmo tempo, onte quedou instalada no Centro de Saúde a mampara solicitada ao Concello para separar unha zona específica onde sexa posible atender as nenas e nenos de Pediatría que cheguen ao centro con febre e reforzar, aínda máis, a seguridade de cantos teñen que ir ao médico.

Limpeza e desinfección

Persoal de Concellería de Servizos Públicos segue coa desinfección que dende hai dez días estase a realizar nos lugares máis transitados das Neves-coma gasolineiras, farmacias, supermercados, panaderías, bancos, parada de taxis, tendas, o Centro de Saúde, prazas ou a oficina de Correos-, ademais de todos os edificios públicos e 331 puntos nos que se atopan as illas e contedores do lixo-.

Este traballo faise en todas as parroquias, poñendo especial coidado nas zonas nas que é máis habitual o paso e o movemento de veciños e que,  subliña o concelleiro de Servizos Públicos e segundo tenente de alcalde, Óscar González, «se repetirá as veces que sexa necesario para que diminúa ao máximo calquera risco que puidese existir de contaxio».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.