Permite regresar a la AP-9 o entrar en Vigo, si el aparcamiento está completo
Leer más
@bngvigo pide o cesamento de López Veiga por “sabotear” a actividade naval en Vulcano
Logo da decisión da Audiencia Provincial de Pontevedra de desestimar o recurso presentado pola Autoridade Portuaria de Vigo no proceso concursal de Vulcano, co obxectivo de rescatar a concesión para “impedir a continuidade da actividade industrial nese estaleiro”, o Bloque Nacionalista Galego esixiu que a Xunta propoña de maneira inmediata o cesamento de Enrique López Veiga como presidente do Porto.
“É claro que o único afán nos últimos meses do popular López Veiga foi sabotar e boicotar por todos os medios a posibilidade de evitarmos a desaparición definitiva de Vulcano”, criticou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas. Polo que, entenden, “non pode continuar un minuto máis á fronte da Autoridade Portuaria”.
Igrexas lamentou tamén a complicidade do Goberno español por “ter permitido que a avogacía do Estado en troca de defender o interese xeral se personase neste procedemento para defender a obsesión persoal de López Veiga en contra do sector naval de Vigo e singularmente de Vulcano”.