O presidente da Xunta sinalou este martes que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) detectou 76 casos positivos entre o 3.055 test realizados a profesionais sanitarios que utilizaron as máscaras defectuosas do fabricante Garry Galaxy, retiradas polo Goberno.
Feijóo indicou que estes contaxios son todos “asintomáticos” e que os profesionais están en illamento domiciliario, como expón o protocolo de actuación nestes casos.
Neste senso, dende os colexios profesionais piden a aqueles traballadores que non fosen identificados, ou que tiveran empregado estas máscaras e non fosen chamados para facer as probas que o comuniquen a súa unidade de saúde laboral.