Estará en el antiguo edificio de los juzgados, que se reformará completamente
Leer másMedicos de Familia dubidan da afectividade do estudo sobre o COVID-19 da Xunta e alertan da súa utilización política
Estes días, o estudo de seroprevalencia do coronavirus na poboación galega está a ser o tema estrela nos medios de
comunicación. Segundo a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec), este tipo de estudos teñen unha clara importancia para obter información e para poder sacar conclusións sobre as medidas a tomar. Pero parece que, “lonxe de facer unha análise técnica das posibles consecuencias, xa se dan por adiantado os supostos éxitos de políticas sanitarias que non corresponden á realidade”.
Os estudos en medicina, insisten dende Agamfec, deben facerse para programar medidas que melloren o estado de saúde da poboación.
Por iso, a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria quere informar e facer clara a súa postura sobre este estudo e a “lamentable utilización política” que se poida facer del:
Á Asociación incomprensible o gran despregue de medios humanos e de tempo en Atención Primaria para este estudo mentres se limitou durante todo este tempo, e segue a ser así, o acceso libre ás probas máis importantes para parar a
propagación do virus, como son a indicación das probas PCR en todo caso sospeitoso e o estudo dos seus contactos. “Medidas ambas que amosaron en outras comunidades autónomas ser as responsables directas do control da
pandemia. Ante esta deficiencia estamos sen armas e pensabamos, inxenuamente, que agora poderiamos dispor delas”.
Os resultados dos estudos de seroprevalencia dan unha información da situación da poboación, da “cantidade” de virus circulante e están suxeitos a moitos sesgos e factores que inflúen e que teñen que ver co grao de dispersión da poboación, mobilidade e moitos outros. E non se trata de facer propaganda con eles, senón de analizar para tomar medidas de xestión.
“Todos os profesionais temos a sensación, cos datos que manexamos, de que hai moita posibilidade de mellora no afrontamento desta pandemia e de moitas situacións deficientes que esta pon de relevo”. O exemplo máis claro, sinalan dende Agamfec son as residencias de maiores e o “problema dos contaxios dos sanitarios (que non van
saír na foto deste estudo, seguimos sen estar estudiados e podemos seguir sendo fonte de contaxio)”.
Segundo os datos que publica na súa web o Ministerio de Sanidade, os positivos por COVID-19 figuran desagregados por PCR e anticorpos, e non vai ser posible utilizar estes datos para facer comparativas, pois son estudos de poboación e nas táboas do Ministerio son estudos de casos. (Loxicamente, se facemos probas a casos sospeitosos a porcentaxe de positivos é moi superior que nos estudos de poboación e, polo tanto, non comparable).
“Insistimos, polo tanto, en contar cunha Atención Primaria dotada de ferramentas para seguir torcendo a curva de propagación do coronavirus, que non coñece fronteiras nin distingue administracións.”