Galicia Vigo al minuto

A pensión media de Galicia, 857€, segue a ser a segunda máis baixa do Estado

857,65€ ao mes, iso é o que cobran, de media, 765.535 pensionistas galegos, segundo datos do Ministerio de Seguridade Social difundidos este martes e que confirman que é a segunda máis baixa do Estado, so por diante das pensión de Extremadura. Os pensionistas galegos cobran 150€ menos que a media española- que está en 1.008,83€ ao mes-.

prestación media por xubilación  é en Galicia de 975,22€ ao mes; as 186.015 persoas que reciben unha pensión por viuvez cobran, de media, 611,14€ mensuais; a prestación por incapacidade permanente é de 891,73€ de media e a pensión de orfandade  é de 404,27€.

También te puede interesar