Comarcas

@depo_es xunta nun vídeo a 30 grandes deportistas de Pontevedra para animar a vencer ao coronavirus

A Deputación de Pontevedra pon en marcha hoxe a campaña ‘O deporte da provincia contigo’ na que deportistas de referencia únense nunha soa voz fronte á crise sanitaria, en dous audiovisuais que se están a difundir na web e nas redes sociais da institución provincial.

O obxectivo da campaña é animar á veciñanza durante o confinamento e apoiala nestes días decisivos nos que é
preciso seguir cumprindo as indicacións sanitarias para vencer ao Covid-19.

Máis de 30 rostros recoñecidos do deporte da provincia, referentes dunha ducia de modalidades, participan nos vídeos e lanzan desde as súas casas unha mensaxe de unión, esperanza e forza para seguir vencendo ao virus desde a responsabilidade. Todos e todas coinciden en sinalar en que o esforzo que está a facer a sociedade servirá para superar esta crise e volver con máis forza a gozar dunha vida na que de seguro seguirán chegando grandes éxitos deportivos.

Teresa Portela, Susana Rodríguez Gacio, Germade ou Desiree Vila

Entre os deportistas de referencia da provincia que participan na campaña da Deputación están os olímpicos Rodrigo Germade e Teresa Portela como representantes do piragüismo da provincia; Pablo Dapena e Susana Rodríguez Gacio do triatlón; Lorena Pérez ou Rodrigo Corrales do balonmán; Joni ou Anair Lomba do fútbol; María Araujo do baloncesto; ou, por exemplo, o atletismo con Desiree Vila.

Todas elas e eles únense á Deputación de Pontevedra para animar aos veciños e veciñas da provincia nestes días de confinamento a través desta campaña que transmite a forza necesaria para chegar á meta ganándolle o
partido ao Covid-19.

También te puede interesar