O Sindicato de Técnicos de Enfermaría vén de denunciar á Consellería de Sanidade e a de Política Social ante a Inspección Provincial de Traballo pola falla de probas ante o COVID-19 e solicitando a realización de PCR aos profesionais sanitarios.
Nunha comunicación enviada aos medios, o Sindicato sinala que a PCR é a “única proba diagnóstica con fiabilidade”, tendo en conta a aparición dos primeiros síntomas e mesmo a ausencia deles. Precisamente son aquelas persoas asintomáticas as que son “vectores de transmisión sen sabelo o que supón que moitas persoas estean a ser causa de moitos contagios sen ter constancia, estendendo así a epidemia”.
Dende o Sindicato subliñan, ademáis, que moitas destas persoas con síntomas leves ou asintomáticas son os propios profesionais, que están en contacto cun gran número de persoas, outro motivo máis para garantir que sen fan esas probas.