Marea de Vigo vén de denunciar a “mala fé” e alerta da posible ilegalidade nas accións levadas a cabo polas empresas Clece, SGI, Vitrasa e Dornier, concesionarias municipais que, cobrando igualmente por parte do Concello, enviaron ao persoal a ERTEs, facendo que o Servizo Público de Emprego asumira custes salariais de xeito innecesario, e ocasionando os perxuizos derivados tanto ao persoal coma as administracións.
Dende Marea de Vigo xa se advertira no Pleno do Concello do mércores destas situacións, que afecta ao persoal asociado ao servizo concesionado -caso da recadación executiva e a empresa concesionaria SCI- ou ben incluíndo a estas en ERTES estatais como a concesioria da escolas infantís, Clece, ou a do servizo da ORA, Dornier, “escamoteando na relación de persoal afectado a traballadores e traballadoras de concesións locais que están cubertas pola suspensión do servizo e non terían que ser parte dos ERTES” matiza Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo.
Do mesmo xeito, aseguran dende Marea, Vitrasa, “que segue operando ao ser servizo esencial, levou a parte do persoal a un ERTE coa escusa da limitación de aforos de autobuses, algo que debería cando menos ter unha resposta proactiva do Goberno local: ampliando frecuencias e reforzando limpeza dos vehículos tal e como foi reclamado polo comité de personal e os grupos da oposición en reiteradas ocasións”.
Marea de Vigo considera que “o Concello debe garantir que non se presenten nin autoricen especialmente naqueles casos nos que non exista acordo entre empresa e sindicatos e a viabilidade económica da concesión non esté vinculada a ingresos externos máis aló das aportacións do Concello” aclara o voceiro.
Para Marea de Vigo, “tal e como se interpreta claramente polo Ministerio de Traballo”, o único suposto no que cabería a interposición dun ERTE en servizos municipais sería cando este veña pactado cos sindicatos e supoña unha garantía de dereitos para os traballadores e traballadoras, caso que non se da nos anteriormente descritos.
“O Concello debe actuar ante a Consellería de Traballo para que non se autorice ningún ERTE nestes servizos cando a viabilidade económica estea asegurada cos pagos do propio Concello” sinala o seu voceiro, Rubén Pérez.