Según os datos difundidos este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE), en Galicia hai 1.356 mulleres con ordes de protección, o que representa un 3,8% máis que hai un ano, unha porcentaxe de crecemento que é preto do dobre do conxunto do Estado, que estaba a finais do ano pasado no 2%.
Os devanditos datos sinalan que esta subida de vítimas de violencia de xénero en Galicia é a quinta máis alta de todas as comunidades.