Dende o vindeiro luns, día 25 de maio,o Concello das Neves restablece a atención presencial á veciñanza, tanto na Casa do Concello como nas dependencias de Servizos Sociais, en horario de 09:00 a 14:00 h.
Por suposto, se seguirán todas as medidas sanitarias de seguridade para evitar os riscos de contaxio. A veciñas e veciños que acudan a facer calquera trámite deberán usar máscara, respectar a distancia de separación social e terán á súa disposición xel hidroalcólico para as mans.
Só se atenderá a aquelas persoas que teñan cita previa, que pode pedirse telefónicamente chamando á Casa do Concello, no 986 64 80 38; a Servizos Sociais, no 986 66 71 34 e 689 98 42 10, ou a través da Sede Electrónica do Concello: https://concelloasneves.sedelectronica.gal.
Abanca abrirá de luns a venres
Logo das presións do Goberno municipal e da veciñanza, a oficina de ABANCA nas Neves volve abrir de luns a venres, tamén dende este luns, día 25.
Segundo vén de informar o representante da entidade ao alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, a sucursal estará aberta os cinco días da semana en horario de 08:00 a 14:15 h., como xa era habitual antes da declaración do ‘Estado de Alarma’. Ademais, para ofrecer o servizo de atención, volverá haber dúas persoas na oficina.