A Xunta de Galicia prolongará ata finais de 2020 a súa axuda extraordinaria aos beneficiarios do Bono de Alugueiro Social. Isto supón que non terán que aboar nada pola renda da súa vivenda durante o que resta de ano.
O Diario Oficial de Galicia publica este venres a Resolución pola que se resolve a concesión directa da axuda. A mesma abrangue os programas de bono de alugueiro social e do bono destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.
A medida ten coma finalidade beneficiar a unhas mil familias que xa están percibindo o devandito Bono ou ás que se lles concederá nos vindeiros meses.