A federación de Servizos da CIG anunciou este venres unha campaña de mobilizacións contra Inditex.
O motivo da mesma é a “modificación da condicións de traballo” imposta ao persoal das tendas. A dirección da compañía téxtil negouse a dar marcha atrás na súa decisión na xuntanza celebrada na Inspección de Traballo.
Dende a CIG critican que CCOO e UGT asinasen o xoves un acordo a nivel estatal que asume a proposta da empresa e avala os cambios de horarios e de quendas.
A CIG lembra que Inditex modificou o pasado luns, dun día para outro, os horarios do persoal de tendas en todo o Estado.
Esta decisión inclúe ás traballadoras que teñen redución de xornada por coidado de crianzas, o que s”upón un ataque directo contra o dereito de conciliación”.
Con esta modificación o persoal de Inditex “queda sen día libre, límite de tardes e librada de fin de semana”. Ademáis,en moitos casos “nin sequera poderán gozar do descanso semanal mínimo que establece a lei”.