O goberno da Deputación aprobará este venres a terceira
edición do ‘Plan Móvese’, deseñado un ano máis co modelo de priorización das persoas por enriba dos vehículos.
Móvese III significará en ano e medio un investimento total nas estradas provinciais de 2,5 millóns de euros, un millón de euros no que queda deste ano e 1,5 millóns en 2021.
Elo traducirase na execución de 478 obras que beneficiarán a 54 concellos da provincia.
“De feito, cada vez son máis os concellos adheridos a este Plan”, sinalan dende a Deputación. O mesmo suporá, na súa maior parte, a construción de Pasos Peonís Sobreelevados (PPS) e Redutores Físicos de
Velocidade dos Vehículos (RFVV), naquelas zonas nas que non é convinte sobreelevar ou en tramos sen pasos peonís pero con escasa visibilidade.
Os concellos que se suman este ano son Forcarei, Oia, Vila de Cruces, Campo Lameiro e Vilagarcía de Arousa.
Para a elaboración do Móvese III, a Deputación contou cun estudio de
campo pormenorizado, que se fixo durante ano e medio, dos case 2.000 pasos peonís.
Esta terceira edición do Plan tamén incluirá proxectos de seguridade viaria decididos pola propia Deputación.
O balance dos Plans Móvese supón un investimento da Deputación de ata 7 millóns de euros nas case 1.500 actuacións planificadas e
executadas.