A Xunta pediu ao Goberno do Estado que “todo o territorio de Galicia” pase o vindeiro luns, 8 de xuño, á ‘fase 3’ da ‘descalada’ das medidas do ‘Estado de Alarma’.
O conselleiro de Sanidade adiantou este martes que xa fixo a solicitude ao Ministerio de Sanidade na que se recolle a posibilidade de viaxar libremente por todo o territorio galego.
Jesús Vázquez Almuiña lembrou que o xoves, día 4, cúmprense tres meses dende que se detectara o primeiro caso de coronavirus en Galicia que, sinalou, afectou a 11.314 persoas.
Almuiña subliñou que non houbo mortos coa enfermidade dende o domingo e engadiu que somos a segunda comunidade con menor taxa de letalidade (6,67) tras Canarias (6,49).
O conselleiro rematou comentando que en total fixéronse en Galicia 319.109 probas do Covid-19, das cales unhas 144.000 son PCR e 174.000 test serolóxicos.