Comarcas

A fundación chinesa ‘Vanque Fundation’, que estivo en Pontevedra en outubro envía material de protección fronte á Covid-19

“O amigo debe ser como o sangue, que acode logo á ferida sen esperar a que a chamen”

A ‘Vanque Foundation’, fundación chinesa que visitou Pontevedra en outubro pasado, vén de enviar á Deputación unha doazón de material de protección fronte ao coronavirus.

O material, que chegou este xoves á Deputación, está composto por 800 máscaras de protección, 2.000 pantallas faciais, así como 90 traxes de protección médica.

En todas as caixas dos dous palés de material recibido figuraba unha lenda coas bandeiras española e chinesa, xunto co texto “esperamos que estas pezas e máscaras protectoras axuden á súa rexión na grave situación da COVID-19 neste momento. O amigo debe ser como o sangue, que acode logo á ferida sen esperar a que a chamen”.

A presidenta Carmela Silva e o vicepresidente César Mosquera, xunto coa técnica do Revitaliza María Martínez Abraldes, foron os encargados de recepcionar o envío, que pasará a ser xestionado polo departamento de Riscos Laborais da institución provincial.

Tanto a presidenta como o vicepresidente manifestaron o seu agradecemento máximo á Vanke Foundation, así como o afectuoso escrito das caixas.

O vicepresidente Mosquera explicou que o contacto entre China e Pontevedra foi continuo e moi afectuoso- dende o primeiro correo electrónico remitido pola secretaria xeral da entidade, Yimei Chen, o pasado 17 de marzo, pouco despois de declararse o estado de alarma.

Entón, Chen escribía : “Sentimos para ouvir que a COVID-19 está golpeando España agora tamén. A nosa visita a Pontevedra estivo chea de memorias marabillosas. Esperamos que vostedes, as súas familias e a súa comunidade estean seguras e sans”.

También te puede interesar