O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) deu o seu visto e prace á licitación de dous novos proxectos no barri histórico.
Esta operación suporá a rehabilitación, por un importe de 1,5 millóns, das edificacións da rúa Berbés 29 e San Francisco 15.
Segundo informou Corina Porro, esta operación suporá unha intervención sobre uns 1.000 m2 e permitirá aumentar en seis as novas vivendas nesta zona, ademáis doutro local comercial.
Berbés, 29
A intervención en Berbés 29 afecta en realidade á agrupación de tres edificios –Berbés 29, Berbés 31 e Poboadores 40-.
Dará lugar a unha edificación cunha superficie construída de 795,70 m2 distribuídos en sete niveis, con catro vivendas e un local comercial.
O orzamento básico de licitación neste caso é de 1.127.360€.
En canto á distribución da planta baixa, situada ao nivel da Praza do Berbés, aloxará zonas comúns e un local comercial de 77,10 metros cadrados .
Na primeira planta estarán situados catro rochos, zonas comúns e unha vivenda de 97,35 m2, dotada cun dormitorio e un baño. As plantas segunda e terceira aloxarán unha vivenda cada unha delas, ambas de dous dormitorios e dous baños e unha superficie de 135,75 e 112,5 m2, respectivamente.
A última das vivendas será un triplex de 98,80 metros cadrados, tamén dotado con dous dormitorios e dous cuartos de baño, que se distribuirá entre as plantas cuarta, quinta e sexta.
San Francisco, 15
Esta actuación exponse cun orzamento base de licitación de 369.812€ e dará lugar a dúas novas vivendas tipo dúplex, con acceso independente para cada unha delas.
Ambas as vivendas divídense nunha zona de día, situadas nas plantas inferiores e onde se atoparán un salón-comedor-cociña, un aseo e un lavadoiro- tendal, e zona de noite formada por tres dormitorios e un baño e situadas nas plantas superiores.
A vivenda A, distribuída entre a planta baixa e a primeira altura, terá unha superficie útil de 110,84 m2.
A denominada vivenda B, á que se accederá desde a rúa Poboadores, contará con 119,74 m2. Ambas contarán, ademais, cun pequeno balcón.