O Bloque Nacionalista Galego criticou a nova “vaga de recortes” asistenciais na sanidade pública en Vigo.
O concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas cualifica de “intolerábeis” os mesmos que volverán deixar a parroquia de Coruxo sen pediatra e suprimirán a atención pediátrica pola tarde nos centros de saúde de Navia, Coia, Lavadores e Casco Vello.
Recortes de Feijóo logo de 3 meses de coronavirus
Igrexas considera especialmente grave que estes recortes teñan lugar despois de tres meses da crise sanitaria por causa do coronavirus.
O concelleiro lembra que nestes meses “se suspenderon moitas citas e non se realizaron algunhas revisións pediátricas“.
Aliás, o edil do BNG advertiu de que a falla de atención nos centros de saúde provocará a saturación do Punto de Atención Continuada (PAC). A este punto, malia non haber Pediatra se derivan as urxencias sen cita, ou o servizo de urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro.