O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena a 8 anos de cárcere, por intento de homicidio, a un home que atacou á súa parella cun coitelo en 2018, en Ribeira.
Os maxistrados indican que a proba practicada indica que a intención era matar á súa ex compañeira.
Ademais, salientan que “non resulta posible a apreciación da drogadicción e alcoholismo como eximente completa”.
Os xuíces consideran que “ningunha proba existe de que tales consumos incidisen sobre o coñecemento e a vontade do acusado”.
O alto tribunal tamén considera que a Audiencia aplicou correctamente a agravante de xénero.
É así porque o criminal cometeu os feitos “en razón da situación de dominación que sentía sobre a vítima, de desprezo pola súa condición de muller e ante a negativa desta de renovar a súa relación con el”.