Segundo informan os nosos compañeiros de NosDiario, a Consellería de Sanidade tardou catro días en permitir o traslado ao hospital de usuarios da residencia DomusVi de Santiago, contaxiados de coronavirus.
Así consta nnha carta enviada pola directora desta residencia ás familias dos anciáns. Tamén se indica que a Xunta excluiu das derivacións aos hospitais a grandes dependentes.
A mesma carta recolle que a residencia non tivo test PCR ata o 3 de abril, dúas semanas despois de que se producise o brote.