Comarcas

A oposición alerta de que o Concello do Porriño segue contratando “a dedo” a limpeza viaria

O PP lembra que o servizo foi adxudicado o 27 de maio

A oposición ao Goberno local do Porriño vén de denunciar que “a maleza invade os viais e camiños municipais, sendo en moitos puntos intransitables”.

A este feito súmase que “en moitos casos un evidente risco para a seguridade de peóns e condutores e agrava o perigo de incendio”.

Traballos adxudicados a Urbaser

Alejandro Lorenzo, vocieiro municipal do Partido Popular lembra que os traballos de eliminación da maleza e limpeza de viais e de limpeza diaria parques infantís e xardíns foron adxudicados definitivamente, por acordo plenario do pasado 27 de maio, á entidade  Urbaser sen que a día de hoxe o Goberno Municipal fixera efectiva a concesión.


“É inasumible e inxustificable que o Goberno Municipal continúe contratando a dedo para levar a cabo estes traballos á mesma empresa que á que se lle retirou a concesión por incumprir os pregos do contrato”, denuncia Lorenzo.,

O voceiro popular subliña que “todas e cada unha das parroquias están totalmente abandonadas a pesar de que os veciños do rural pagamos este servizo cos nosos impostos”.

También te puede interesar